xoves, 20 de xuño de 2019

mércores, 20 de marzo de 2019

Museos da Ciencia: A Coruña

Gran día científico na cidade de A Coruña: Aquarium, Domus e casa das Ciencias. Unha gran xornada de convivencia entre os dous sextos pero sobre todo de aprendizaxe.

Taller de marketing e publicidade no século XXI

O pai de Mateo Álvarez, Manuel, deunos un taller moi interesante sobre a publicidade e a súa evolución nestes anos.
Moitas grazas Manuel.

Depoemprende na escola: entrega do CIF

Xa temos o noso CIF. A nosa cooperativa deste ano "A vaquiña do Barbón" xa é "legal". Bravo!!!

Horto: vermes na clase

E seguimos co proxecto do horto. Nesta ocasión fixemos unha actividade moi especial con vermes. Non vos perdades o vídeo.

venres, 15 de febreiro de 2019

Vídeo titorial papiroflexia: a flor

Segundovídeo titorial que nos deixa Diego, o pai de Dani. Neste vídeo aprenderemos a elaborar unha flor.

martes, 29 de xaneiro de 2019

Taller de papiroflexia I: a volvoreta

I taller de papiroflexia impartido por Diego, o pai de Dani. Hoxe aprendimos a elaborar unha volvoreta. A tope!!!

Vídeo titorial papiroflexia: volvoreta

Diego, o pai de Dani, nos deixa un video titorial xenial sobre como elaborar, paso a paso, a volvoreta que traballamos no taller da semán pasada.


martes, 22 de xaneiro de 2019

Taller R.C.P. Salvando vidas

O 20 de decembro recibimos a visita dun grupo de alumnos e alumnas do I.E.S. A Guía de Vigo, os cales nos fixeron unha actividade por estacións moi instructivas nas cales aprendimos como salvar vidas a persoas maiores pero tamén a bebés.
 Moita sorte tivemos xa que agora podemos salvar moitas vidas!!!

sábado, 29 de decembro de 2018

Matemáticas divertidas

Unha charla moi especial a tivemos con Javier Mártinez, un superprofesor universitario que nos fixo disfrutar das matemáticas durante un bo rato. E con sorpresa final!!!

venres, 28 de decembro de 2018

Educación viaria: aprendendo a circular no Castro

A policía local ensinounos como circular en bibicleta e como peóns nas instalacións de Educación Viaria do Concello de Vigo situadas no monte de O Castro.

Visita al CINBIO

Neste enlace tedes un vídeo grabadopola propia universiade de Vigo onde queda reflectido a nosa sáida educativa as instalacións do CINBIO. https://tv.uvigo.es/video/5bd9d4ff8f42081c52023b7c

A xornada "Un día no Cinbio" fixo posible que coñecesemos de primeira man o traballo que se realiza nos laboratorios do centro de investigacións biomédicas. A súa directora, África González, foi a encargada de darnos a benvida, e explicar que o equipo conta cunha elevada presenza de mulleres profesionais das áreas como o cancro, inmunidade, neurociencias, biosaúde e envellecemento activo, obesidade e nutrición, e de feito, dos 225 profesionais que traballan nel, o 54% son mulleres. 


Tras esta charla, dividíronnos en pequenos grupos para participar en obradoiros prácticos de diferentes temáticas, por exemplo, de histoloxía e microscopía, no que aprendimos a tinguir mostras orgánicas para poder analizalas no microscopio. Outro dos talleres centrouse na inmunoloxía, para amosarnos como funciona o sistema inmunitario e a resposta das vacinas. Tamén traballamos en temas relacionados con nutrición e o almorzo saudable e noutro obradoiro como extraer o ADN dos chícharos: Ademais vimos cómo funciona un Citómetro de fluxo que permite face-la separación de célula única para estudar distintos aspectos da Bioloxía do cancro.


Fútbol Gaélico

O fútbol Gaélico é un deporte de equipo novedoso no noso país pero o máis importante en Irlanda. Unha representación de xogadoras viguesas nos deron unha clase maxistral sobre este deporte tan atractivo.

mércores, 28 de novembro de 2018

Magosto 2018

O 13 de novembro celebramos no cole o magosto cheo de xogos populares e castañas.

sábado, 17 de novembro de 2018

Obradoiro Illas Cíes

Unha saída educativa moi interesante onde descubrimos moitísimas cousas sobre as illas Cíes, un paraiso ao lado de casa.