venres, 12 de xaneiro de 2018

Scape room: gamificando as mates

Este mes de Xaneiro fixemos unha actividade moi especial grazas á mestra María: un Scape room.
O Scape room aplicado a educación consiste nunha actividade de ensinanza-aprendizaxe baseada na resolución dunha serie de probas (no noso caso probas matemáticas relacionadas cos contidos do primeiro trimestre, o cal nos serviu como repaso) para poder salir dunha habitación pechada con chave.
O noso scape room consistiu no seguinte: divididiuse a clase en 4 grupos "pechados" na aula cun candado. Para poder sair da aula só tiñan dunha hora.
A mecánica do xogo foi moi sinxela: cada grupo debía resolver unha serie de problemas ou calculos matemáticos e conseguir deste xeito unha peza dun puzzle. Xuntando as pezas do puzzle se tiña acceso a un código. Este código debería abrir a caixa forte onde estaba gardada a chave do candado e deste xeito poder saír da aula sans e salvos.